Cinco médicos con praza fixa escollen destinos en centros de saúde da comarca do Barbanza

18 Outubro 2025

Ribeira-Aguiño, Boiro, A Pobra, Outes e Noia, os centros con novos médicos

A Consellería de Sanidade fixo pública esta semana a relación de profesionais con praza fixa aos que se lles concedeu o traslado solicitado a outro destino. Dos 320 médicos de familia e facultativos especialistas en atención primaria (FEAP) que participaron na convocatoria, 166 conseguiron o posto desexado, e cinco deles terán o seu novo destino en centros de saúde da comarca do Barbanza.

En concreto, haberá un novo médico de familia no ambulatorio de Outes, outro no de Ribeira-Aguiño e un terceiro no de Noia. Todos eles traballarán en quenda de mañá, e o profesional destinado a Noia asumirá tamén funcións docentes, impartindo formación a médicos internos residentes (MIR) que realicen as súas prácticas en atención primaria.

No que respecta aos novos FEAP da comarca, un deles traballará no Punto de Atención Continuada (PAC) de Boiro, mentres que outro o fará no PAC da Pobra do Caramiñal, aínda que este último será desprazable, podendo prestar servizo tamén nos centros de Ribeira e Boiro. Ademais, podería incorporarse un terceiro facultativo especialista, xa que outro profesional escollou o PAC de Brión, que é referente dos de Bertamiráns, Noia e Negreira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.