Investigadores da UDC crean arrecifes con cunchas de restaurantes con estrela Michelin

17 Outubro 2025

O equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) publicou na revista International Journal of Gastronomy and Food Science (JGFC), da editorial Elsevier, en colaboración co Basque Culinary Center, un estudo pioneiro que analiza a reutilización de cunchas de vieira de restaurantes con estrelas Michelin para a construción de arrecifes artificiais sostíbeis.

O traballo, titulado Valorisation of gourmet shellfish waste for sustainable artificial reef construction, foi realizado por Luis Carral, M. Isabel Lamas, José Luis Mier, Juan José Cartelle, Carlos Álvarez e Javier Tarrío, persoal investigador da UDC integrado nos grupos GEM, MARES e MODES, pertencentes ao CITENI e ao CITIC.

A investigación aborda un reto actual: como vincular a innovación gastronómica coa sustentabilidade da contorna mariña. Lembra o equipo investigador que en Galicia, a vieira (Pecten maximus), a zamburiña (Chlamys varia) e a voandeira (Aequipecten opercularis) son especies emblemáticas e protagonistas nos menús dos restaurantes con estrelas Michelin. “Con todo, o seu consumo xera grandes cantidades de cunchas que, na maior parte dos casos, rematan como residuos”, sinalan.

O equipo do CITENI demostrou que estes refugallos poden reutilizarse como compoñentes de ecoformigóns, onde substitúen ata un 20 % do árido groso tradicional sen alterar a resistencia dos materiais. As probas físico-químicas confirmaron que todas as especies presentan unha composición rica en calcita (CaCO₃), aínda que as cunchas de vieira procedentes da ría de Arousa ofreceron os mellores resultados en equilibrio entre resistencia mecánica, estabilidade química e sostibilidade. “Resultan, por tanto, o material máis axeitado para o desenvolvemento de arrecifes artificiais sostíbeis, os cales, co tempo, transformaranse no hábitat de bivalvos e peixes que contribuirán á rexeneración dos ecosistemas costeiros”.

O estudo tamén cuantifica a magnitude do recurso dispoñíbel: os restaurantes con estrela Michelin en Galicia consumen aproximadamente 20.400 kg de vieira ao ano, o que representa preto do 12 % da produción total galega (170 714 kg). Este volume garante un fluxo estábel de cunchas que poden converterse nun recurso estratéxico para a rexeneración mariña.

O proxecto conta coa colaboración do chef Javier Olleros, do restaurante Culler de Pau (O Grove, dúas estrelas Michelin), un dos grandes referentes da cociña respectuosa co medio ambiente en España, quen subliña que “na nosa cociña, especialmente na que dialoga co mar, traballamos co que este nos ofrece, pero tamén debemos pensar en como devolverlle o que tomamos. Darlles unha segunda vida ás cunchas de vieira e convertelas en arrecifes é unha forma fermosa e coherente de pechar o ciclo entre a natureza, a ciencia e a cociña”.

Pola súa banda, Luis Carral, investigador do CITENI, destaca que “este traballo amosa unha nova vía de valorización dos residuos mariños que combina enxeñaría, sostibilidade e gastronomía. Desde o Campus Industrial de Ferrol demostramos que a innovación tecnolóxica pode ter un impacto directo e positivo no medio mariño e na sociedade galega”.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.