Comeza a segunda pasada da campaña de rozas en todo o termo municipal de Boiro

16 Outubro 2025

O Concello de Boiro comeza a segunda pasada de rozas en todas as parroquias do municipio. Os concelleiros de Medio Ambiente, Olga González, e Medio Rural, Francisco Bermúdez, supervisaron na mañá deste xoves 16 de outubro os traballos no lugar de Graso.

Os traballos están a desenvolverse neste momento na parroquia de Abanqueiro e faranse de xeito progresivo en todo o termo municipal. A primeira pasada realizouse no mes de maio, antes do inicio da época estival, e está previsto que esta segunda remate en tres meses.

As tarefas de limpeza realízanse en vías, pistas e camiños de titularidade municipal de xeito mecánico e manual para adaptarse ás características de cada espazo, incidindo especialmente naqueles lugares nos que pode existir un perigo por motivos de visibilidade de condutores e peóns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.