O Concello de Padrón recoñece a Roberto Martínez Díaz, arcipreste de Iria Flavia

15 Outubro 2025

O Concello de Padrón outorgará o Premio Padrón, Berce do Xacobeo a Roberto Martínez Díaz, arcipreste de Iria – Santiago e párroco de Padrón, como recoñecemento ao “seu traballo incansábel pola mellora do patrimonio histórico de titularidade eclesiástica padronés e polo seu coidado trato ás peregrinas e peregrinos que percorren o Camiño Portugués”. Este galardón, que leva aparellado o nomeamento como Peregrino de Honra, será entregado no marco da celebración do Día do Peregrino o venres 24 de outubro ás 19.00 horas na igrexa parroquial de Santiago de Padrón.

A distinción, instaurada no ano 2017, ten como finalidade destacar a persoas cuxo labor contribúe á promoción e á preservación do Camiño de Santiago e do seu patrimonio cultural.

Con este recoñecemento, D. Roberto Martínez Díaz incorpórase á relación de distinguidos predecesores, entre os que figuran Pepe Domingo Castaño, Manuel Garrido Rivero, José Antonio de la Riera ou Alberto Rey.

A programación comezará ás 18.45 horas coa chegada do homenaxeado á Casa do Concello, onde será recibido polo alcalde, Anxo Arca, e por membros da Corporación Municipal. Posteriormente, procederá á sinatura no Libro de Honra.

Ás 18.55 horas iniciarase o traslado a pé ata a igrexa parroquial de Santiago, acompañados pola Banda de Música Municipal de Padrón. A chegada está prevista para as 19.00 horas, momento no que terá lugar a misa solemne, os discursos e a entrega do galardón.

O acto concluirá ás 20.00 horas cun concerto da Banda Municipal diante da fachada principal do templo antes de acompañar á Corporación no regreso á Casa do Concello.

Este nomeamento evidencia o agradecemento de Padrón co labor de persoas que, como D. Roberto Martínez Díaz, contribúen a fortalecer a realidade cultural da vila a través do Camiño de Santiago.

Coa concesión deste premio, o Concello de Padrón reafirma o seu compromiso coa promoción do Camiño de Santiago, elemento fundamental para a economía e o intercambio cultural, e coa protección dun patrimonio que forma parte esencial da historia de Galicia e do mundo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.