Continúan os traballos de limpeza e acondicionamento en Noia

12 Outubro 2025

O Concello de Noia segue adiante cos labores de limpeza, adecuación e mellora en distintos puntos do municipio, dentro da campaña Limpamos Noia.

Esta semana que deixamos atrás leváronse a cabo os seguintes traballos e nas seguintes zonas:

-Intervención de limpeza, adecuación e mellora no Campo de Noia

-Apertura e adecuación do camiño a Taramancos

-Actuación de roza e e habilitación na beirarrúa da Fialla

Dende o Concello o equipo de Goberno local agradeceu novamente a comprensión e colaboración da veciñanza, “así como o esforzo do persoal municipal, polo seu traballo constante para manter Noia limpa, coidada e segura para todas e todos”.

E engadiron respecto das carencias do parque de Campo de Noia en materia de mantemento: “Somos conscientes da problemática asociada á poda das árbores do parque do Campo de Noia. A ausencia de podas en 4 anos obrigou a facer unha poda exhaustiva, supersivada sempre por persoal técnico de medio ambiente”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.