Ribeira anuncia unha campaña en prol do modelo da compostaxe para as vindeiras semanas

11 Outubro 2025

Logo dunha xuntanza do Concello de Ribeira coa directiva da Urbaser para abordar as problemáticas coa fracción marrón, a empresa decidiu cambiar o modelo de apertura de tarxeta polo de chave convencional, pois a anterior dificultaba a pureza da mestura.

“O sistema de pechadura con tarxeta tiña unhas pezas feitas dun material ao parecer atractivo, pois forzaban ata abrir o contedor e extraer parte do mecanismo”, así indicou a concelleira Tania Redondo.

Coa chegada das chaves, as persoas interesadas poderán achegarse a facerse con cadansúa como fixeron no seu día cas tarxetas.

A concelleira de Medio Ambiente anunciou con orgullo que Ribeira conseguirá 100 composteiros máis en vista ao éxito acadado en remesas previas: “Son máis de 300 composteiros os que teñen xa moitos veciños e veciñas da contorna e habilitaranse estes co mesmo métodos inscrición, tendo en conta as persoas xa inscritas que quedaron excluídas da anterior convocatoria por falta de composteiros”.

O Goberno, dixo, “asegurou un cambio de modelo de separación de residuos, pensando nun futuro sostíbel e en consonancia cos modelos europeos, e así o estamos a facer”, apuntou Antía Alberte, engadindo que “a chegada do punto limpo móbil esta mesma semana axudará tamén a impulsar as políticas mencionadas”.

As concelleiras tamén informaron dunha campaña concienciativa para ámbolos métodos de separación, xunto coa colocación de tapóns no fondo dos contedores marróns, evitando así lixiviados que acentúan os cheiros.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.