Un home rescátase por vía aérea tras caer por un cantil en Monte Louro, Muros

10 Outubro 2025

Un home de fala inglesa tivo que ser rescatado por vía aérea esta tarde en Monte Louro, no concello de Muros, despois de sufrir unha caída en dúas alturas por un cantil.

O propio implicado foi quen, pasadas as dúas da tarde, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Segundo indicou, atopábase consciente pero con fortes dores e lesións nas costas tras o accidente.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Muros, así como profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron tanto por terra como a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Tamén colaboraron Bombeiros de Cee, axentes da Garda Civil e Policía Local de Muros.

Rescate aéreo coordinado polo 112 Galicia

Debido á dificultade do terreo e á imposibilidade de evacuar ao ferido con seguridade por vía terrestre, os servizos de emerxencias solicitaron a intervención de Salvamento Marítimo, que mobilizou o helicóptero Helimer con base na Coruña.

A aeronave realizou o rescate aéreo do ferido e trasladouno ata o Aeroporto de Alvedro, onde unha dotación do 061 completou o traslado ao Hospital Universitario da Coruña (CHUAC). A pesar da caída e das lesións sufridas, o home estaba consciente durante todo o operativo.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Nova finde de cinema en Muros con La Odisea e Minions & Monsters

O Concello de Muros programa unha nova fin de semana de cinema do 23 ao 25 de outubro con dúas propostas para diferentes idades: La Odisea, a aventura épica de Christopher Nolan, e Minions & Monsters, unha comedia de animación para gozar en familia. A programación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.