Boiro recibe a mostra AmiRíos cunha xornada ambiental co CEIP Santa Baia

07 Outubro 2025

O alumnado de quinto curso do CEIP Santa Baia, un total de cincuenta e seis rapaces e rapazas, foi este 7 de outubro protagonista da xornada de benvida da exposición itinerante Amiríos en Boiro, celebrada no inicio do paseo da praia de Barraña, á altura do Polideportivo Praia Xardín.

Os nenos e nenas participaron en diferentes xogos de sensibilización ambiental guiados polos axentes medioambientais de Amicos, persoas con discapacidade intelectual que, segundo lembran dende a asociación inclusiva do Barbanza, “exercen un papel clave como activistas pola conservación da biodiversidade”.

A través destas dinámicas, o alumnado puido coñecer mellor a riqueza natural dos ríos galegos, o ciclo da auga e a importancia de facer un uso responsábel deste recurso.

Ao acto asistiu o concelleiro de Política Social de Boiro, Raúl Treus, que destacou que “no Concello de Boiro estamos moi contentos de ter unha entidade social como é Amicos, porque non só traballa coas persoas con discapacidade nos termos de accesibilidade e inclusión, senón tamén de forma transversal en moitos outros eidos como o medioambiental”.

“Hai un ratiño xogamos coa rapazada a diferentes xogos de cadeas tróficas, do ciclo da auga, reciclaxe…”, continuou Treus, engadindo que “e un orgullo ter a unha entidade coma esta, que faga actividades como estas, reverten positivamente na sociedade. Aquí temos o exemplo claro, un espazo onde uns nenos e uns adultos traballan todos xuntos a inclusión no ámbito do medio ambiente e da protección da natureza”.

Pola súa banda, Andrea Vázquez, profesora do Dual Natura II en Amicos, fixo fincapé en que “o proxecto estase a desenvolver en moitos puntos do Barbanza e de Pontevedra, e xa temos a moitos colexios implicados nesta actividade. Contamos con moitos xogos lúdicos sobre o coidado dos ríos, polo que nos estamos divertindo moito e pasándoo moi ben no marco de AmiRíos, tanto o alumnado como os nosos axentes medioambientais”.

Unha mostra viaxeira para concienciar á poboación

Amiríos consiste en tótems informativos que abordan a riqueza natural dos ríos galegos e os retos que afrontan. A iniciativa pretende achegar á cidadanía, en especial á comunidade escolar, a necesidade de conservar a vida nos ríos da zona hidrográfica Galicia Costa.

Ao longo dos meses de setembro e outubro, a mostra poderá visitarse en Ribeira, Boiro, Lousame, A Pobra do Caramiñal, Caldas de Reis, Pontecaldelas, Meis e Pontevedra.

Sensibilizar con accións lúdicas e xornadas de voluntariado

Ademais da exposición, o proxecto AmiRíos abrangue actividades educativas e de voluntariado ambiental, que inclúen xornadas temáticas en colexios e campamentos, así como intervencións directas en ríos como o Soñora, Artes, Rego do Tállara, Lérez, Sar ou Quintáns, a través da restauración de vexetación autóctona e a erradicación de especies invasoras. Estas accións están conducidas polas Ecobrigadas de Amicos.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.