
Houbo un tempo non lonxano que, neste noso país, existía o acoso aos centros sanitarios nos que as mulleres interrompían voluntariamente os seus embarazos, posibles dende a aprobación da Lei Orgánica 9/1985, de 5 de xullo, que reformou o artigo 417 bis do Código Penal. Deste xeito despenalizábase o aborto en tres supostos, recoñecendo o dereito da muller a interromper libre e vontariamente a xestación nas primeiras catorce semanas do embarazo outorgaba -e outorga- á muller ese dereito que na actualidade a estrema dereita (e parte da dereita e centro-dereita en España) tentan regular ao seu xeito o artigoi172 quater da Lei Orgánica 10/1995, de 3 de novembro, do Código Penal, que sinala que “o que para obstaculizar o exercicio do dereito á interrupción voluntaria do embarazo acosar e unha muller mediante actos molestos, ofensivos, intimidatorios ou coactivos que menoscaben a súa liberdade, será castigado coa pena de prisión de tres meses a un ano ou de traballos a prol da comunidade de trinta e un a oitenta días”.
As penas citadas poderán impoñerse sen prexuízo das que puideran corresponder aos delitos nos que se houberan concretado os actos de acoso.
O texto citado entrou en vigor o 12 de abril de 2022, o que non obviou os pronunciamentos contrarios ao mesmo por parte de formacións políticas con representación parlamentaria nacional e a igrexa católica, con apoios implícitos desas mesmas formacións políticas ao impedimento da entrada en España de migrantes procedentes de países alleos aos usos, costumes e lingua española.
Non pode ser entendido este posicionamento político e relixioso como un xeito de acoso cara aquelas mulleres que, por vontade propia, opten por abortar?.


