O Concello de Boiro anima á veciñanza a compartir a súas recomendacións literarias con motivo do Día do Libro

23 Abril 2020

O Concello de Boiro celebra este xoves 23 o Día do Libros malia os atrancos á actividade presencial e boa parte das canles de acceso tradicional á lectura pechadas até novo aviso. Porén, baixo a premisa de que os libros que temos na casa ou os que podemos adquirir nas redes e compartir online atópanse entre os mellores compañeiros que podemos achar en tempos de confinamento, o Goberno boirense elaborou un programa de actividades do que xa adiantamos algo (o vídeo conmemorativo e colectivo no que participa a Biblioteca Municipal) e que tamén inclúe un convite á cidadanía para compartir en Internet as súas recomendacións literarias.

Este convite foi elaborado polo persoal do departamento de Cultura do Concello de Boiro, que realizou un novo audiovisual con suxestións de lecturas para conmemorar o Día Internacional do Libro. O obxectivo desta iniciativa é fomentar a lectura e animar aos boirenses a que compartan a través das redes as súas suxestións literarias.

Un vídeo, un texto ou unha foto… segundo informa o persoal de Cultura calquera pode enviar a súa recomendación ou compartila a través das redes sociais etiquetando ao Concello de Boiro e empregando o cancelo #libroBoiro, ou enviando a súa recomendación.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.