As bibliotecas da nosa comarca intégranse na celebración conxunta do Día do Libro

22 Abril 2020

Este 23 de abril é o Día de Libro e ante a adversidade da crise sanitaria e das restricións á actividade presencial, as nosas bibliotecas e a nosa comunidade de lectoras e lectoras fanse fortes para reivindicar o poder curativo dos libros. Iso si, para reivindicalos principalmente nas redes. Esta unión virtual arredor da maxia da lectura e do coñecemento vai conseguir facer historia en diferentes frontes: este ano será o ano en que se celebre o Día do Libro máis dixital e, ademais, será o ano en que se xunten máis bibliotecas para unha iniciativa común: a elaboración dun vídeo colectivo e conmemorativo. Son 31 as que participan na iniciativa conxunta, incluídas as de Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Noia.

Todas estras bibliotecas públicas municipais, pertencentes á Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia, xuntaron forzas para elaborar o devandito audiovisual “nun momento”, indican, en que “están a traballar dun xeito diferente, coas portas pechadas ao público pero colaborando para fomentar a lectura entre a cidadanía de todas as idades”.

O devandito vídeo, no que participan Migallas e Guadi Galego achegando a parte musical, ten en parte a súa orixe na iniciativa #HoraDoConto, unha actividade conxunta para ofrecer ás familias, todos días ás 17.00 horas dende que se decretou o Estado de Alarma, unha recomendación dun conto e unha lectura (cada día, de luns a venres, unha das bibliotecas é a responsábel de reivindicar unha obra literaria en concreto, en diferentes formatos, formatos, xéneros e idiomas).

As bibliotecas públicas municipais que conforman esta iniciativa son as dos concellos de: Antas de Ulla, Arteixo, A Pobra do Caramiñal, As Pontes, Baiona, Boiro, Caldas de Reis, Chantada, Chapela- Redondela, Coirós, Corcubión, Miño, Mondariz Balneario, Narón, Noia, O Pino, O Saviñao, Ordes, Oroso, Portonovo, Redondela, Rianxo, Ribadavia, Rois, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Santa Comba, Sober, Teo, Xermade e Xinzo de Limia.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.