A axenda de outono de Rianxo arrinca con teatro, música, libros e exposicións para todas as idades

03 Outubro 2025

O Concello de Rianxo organiza un ano máis o Outono Cultural 2025, un programa de actividades diverso e concibido para todos os públicos. Inclúe propostas de teatro, música, presentacións de libros, exposicións e outras actividades que, en palabras da Área de Cultura que dirixe Julio Alcalde, “farán deste outono un tempo para gozar da cultura en Rianxo”.

A axenda comezou en setembro e estenderase até o remate de decembro.

Respecto deste mes de outubro, comeza ao grande con Os vellos non deben namorarse, adaptación teatral de Silvardeiras Teatro (grupo amador de Allariz) este sábado 4 no Auditorio, ás 20.30 horas. O venres 10 de outubro o Auditorio acolle o novo espectáculo do ribeirán Quico Cadaval: 30 anos a contar historias: Notas de rodapé, producido por Excénctricas. Será ás 21.00 horas.

O venres 17 ás 21.00 horas o Auditorio albergará a estrea da adaptación teatral de Os dous de sempre de Castelao, a cargo de Mofa e Befa, Quico Cadaval e Excéntricas.

O sábado 18 está programado un concerto de Javier Ares, Jorge Briones e Pablo Diago, no Auditorio de Rianxo a partir das 20.30 horas. Abéirase ao Ciclo de Concertos Xoán Montes ao Piano da Dirección Xeral de Cultura da Xunta.

O domingo 19 de outubro o Auditorio de Rianxo acolle un concerto de Ventos do Ulla (cuarteto de clarinetes), ás 12.30 horas. Encádrase no VIII Ciclo de Novos Intérpretes da Escola de Música de Rianxo.

O venres 24 haberá no Auditorio un espectáculo de danza: Nove espellos, a cargo de Óscar Cobos Compañía de Danza. Será ás 20.00 horas.

O sábado 25 de outubro celebrarase no Campo de Arriba unha sesión de música e baile tradicional galegos: Serán Mar de Rianxo, a cargo de Vai de Roda, a partir das 19.30 horas.

O domingo 26 volve o VIII Ciclo de Novos Intérpretes da Escola de Música de Rianxo, con Pirineos (piano e saxo). Será ás 12.30 horas no Auditorio.

Ao mesmo tempo, manterase aberta, até o 18 de outubro, a mostra Castelao a través da miña mirada, a cargo do artista local Frank Farrapos, na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo.

Xa en novembro, o Auditorio acollerá a representación do espectáculo do Centro Dramático Galego A serie Clopen. Será o 6 de novembro ás 20.30 horas.

O venres 7 Butaca Zero estrea Melón Pelado no Auditorio en dúas quendas: 20.30 e 21.30 horas.

O sábado 8 ás 20.30 horas Talía Teatro representa Un deus salvaxe no Auditorio de Rianxo.

O domingo 9 o Auditorio acolle un concerto de Cinco Ondiñas (quinteto de vento), ás 12.30 horas, abeirado ao VIII Ciclo de Novos Intérpretes da Escola de Música de Rianxo.

O sábado 15 o Auditorio serve de escenario ao espectáculo Berenguela na gaiola, de Galeatro, ás 19.00 horas.

O domingo 16 de novembro actuarán Euphonia (trío de frautas) ás 12.30 no Auditorio Municipal.

O venres 21 presentarase o libro Os médicos tamén enferman, de Martiño Noriega (Alvarellos Editora) ás 21.00 horas no Auditorio.

O 22 de novembro, sábado, o Auditorio serve de escenario ao espectáculo Castelao, un corazón á intemperie de Fantoches Baj. Será ás 12.00 horas (público: máis de seis anos).

O sábado 22 actuará Yolanda Delgado (piano) ás 20.30 horas no Auditorio (Memorial Mireya Dieste).

O domingo 23 celebrarase a clausura do VIII Ciclo de Novos Intérpretes da Escola de Música de Rianxo cun concerto de solistas e piano (piano e ventos). Será ás 12.30 horas no Auditorio.

O venres 28 de novembro actuarán The Cuncas no Auditorio Municipal, ás 21.00 horas.

O sábado 29 e novembro haberá un concerto de De Ninghures no Auditorio, ás 20.30 horas (Unha revisión da foliada galega).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.