O Concello de Rois renova ata 2026 o convenio coa Asociación de Persoas Xordas de Santiago

02 Outubro 2025

O Concello de Rois e a Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela formalizaron este 2 de outubro a renovación do convenio de colaboración que estará vixente ata o 31 de decembro de 2026. O alcalde, Ramón Tojo Lens, e a presidenta da entidade, Fátima Granja Fernández, formalizaron o acordo que dá continuidade ao traballo conxunto iniciado en anos anteriores.

A través deste convenio, o Concello de Rois comprométese a apoiar o mantemento dos servizos da asociación cunha achega de 1.000 euros, repartidos en dúas anualidades de 500 euros correspondentes a 2025 e 2026. O obxectivo principal é “garantir o bo funcionamento da entidade e contribuír á eliminación das barreiras de comunicación, favorecendo a igualdade de oportunidades e a plena participación das persoas xordas e xordocegas na sociedade”.

A Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, constituída en 1977, é unha organización sen ánimo de lucro que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade auditiva e das súas familias, promovendo a integración en ámbitos como o educativo, o laboral e o social. O convenio permitirá seguir reforzando “este labor tamén no ámbito territorial de Rois, asegurando que a veciñanza dispoña de recursos que faciliten unha vida cotiá máis accesible e inclusiva”, sinalaron dende o Concello.

Coa sinatura deste acordo, o Concello de Rois reafirma o seu compromiso coa inclusión social e co apoio a entidades que, como a Asociación de Persoas Xordas, desenvolven un papel fundamental na defensa dos dereitos e na promoción da diversidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.