O Concello de Boiro acolle unha nova edición do Ciclo de Cinema Mestre Mateo

02 Outubro 2025

O Concello de Boiro acolle un ano máis o Ciclo de Cinema Mestre Mateo, un proxecto impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Deputación da Coruña para a proxección dos filmes finalistas dos Premios Mestre Mateo.

Mediante esta proposta inclúese o cinema na programación cultural do Concello de Boiro cunha charla coloquio ao remate de cada sesión. O ciclo comeza este domingo coa proxección de +Cuñados e desenvolverase todos os domingos de outubro e novembro ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro.

Os filmes que se van proxectar nesta edición do ciclo son As Neves, Filmei paxaros voando, Xustiza Artificial, Aurora, Honeymoon, Prefiro condenarme e Salvaxe, ademais dunha serie de curtametraxes tamén finalistas.

Fotograma de “Prefiro condenarme” de Margarita Ledo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.