Quico Cadaval estará en Rianxo o 10 de outubro facendo un percorrido por 30 anos de incansábel carreira contadora

05 Outubro 2025

O dramaturgo e contador ribeirán Quico Cadaval estará o 10 de outubro en Rianxo para achegar no Auditorio Municipal o seu monólogo 30 anos a contar historias (Notas de rodapé). A cita, promovida por Producións Excéntricas, será ás 21.00 horas e terá aproximadamente unha hora de duración. Trátase dunha proposta para maiores de 14 anos. As entradas estarán dispoñíbeis na billeteira ou reservando reservando previamente no correo-e ruben.excentricas@gmail.com ou no teléfono 618 75 21 05.

Quico Cadaval ofrece neste espectáculo un percorrido por máis de tres décadas de narracións que sempre deixan no público a dúbida sobre onde está a fronteira do real e o imaxinado. A proposta comeza cun morto nunha encrucillada e remata co conto máis fermoso do mundo; “polo medio, o que o público ordene”.

En Notas de rodapé, Quico Cadaval, alén de revelar os trucos e segredos do oficio, reclamará a colaboración e o protagonismo do público. Os seus contos están construídos con anacos de memorias, de lembranzas instantáneas, de experiencias inventadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.