Ribeira consultará á Xunta sobre a posible reapertura do mercadillo. Ampliados efectivos do GAEM e segue o reparto domiciliario de mascarillas

21 Abril 2020

Logo de que unha modificación no decreto estatal do Estado de Alarma volve a deixar aberta a posibilidade de celebar mercados de proximidade, o Concello de Ribeira decidiu hoxe na Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19 elevar unha consulta á Xunta de Galicia como institución competente sobre a eventual celebración ou non do mercadillo dos sábados.
Cómpre lembrar ao respecto que unha orde da Consellería de Medio rural publicada no DOG o 24 de marzo prohibía a partir do 31 a celebración de mercados tradicionais, pero prevía xa unha serie de medidas de seguridade para cando se levantase tal prohibición: medidas que, por certo, foron concretadas seguindo o modelo que se aplicou en Ribeira ao principio do confinamento, cando se mantivo a parte dedicada a alimentación.
No caso de non obter resposta positiva, o Concello seguirá mantendo pechado o mercadillo da cidade.

Por outra parte, tamén na Comisión se aprobou contratar dous novos membros para o GAEM mentres dure o Estado de Alarma, o que eleva a dez o número de efectivos entre o grupo de emerxencias e Policía Local que se deron de alta durante o confinamento para reforzar estes servizos.
Outros asuntos abordados foron as novas denuncias formuladas pola Policía Local por incumprir o confinamento (catro nas últimas 24 horas) e a adquisición de 300 metros de tela para a confección doutras 12.600 mascarillas. A este respecto, cómpre informar de que o reparto domiciliario de mascarillas xa pasou por Corrubedo, Olveira, Artes, Oleiros, Castiñeiras e Carreira e hoxe estaba previsto principiar Palmeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.