OPROMAR lanza unha aplicación de balde que impulsa o consumo de peixe: Al menos Tres

23 Setembro 2025

A Organización de Produtores de Pesca do Porto e Ría de Marín (OPROMAR), en colaboración coa Fundación Española da Nutrición (FEN), presentou este luns 22 de setembro, no Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo, a aplicación gratuíta Polo menos Tres (en castelán, Al menos Tres)unha ferramenta dixital deseñada para promover o consumo de peixe na dieta diaria. A cita reuniu a diferentes profesionais sanitarios, entre outros a persoal de enfermería, médicos de Atención Primaria e nutricionistas da área Sanitaria deVigo, quen destacaron “o valor educativo e a utilidade práctica desta aplicación”.

A app, dispoñíbel para descarga gratuíta, ofrece información nutricional de múltiples especies pesqueiras, receitas rápidas e saudábeis, así como recomendacións adaptadas ao perfil do usuario.

O seu obxectivo é facilitar a incorporación do peixe á dieta de maneira sinxela, mesmo para quen dispón de pouco tempo ou escasa experiencia na cociña.

As persoas asistentes destacaron “o valor da aplicación como ferramenta útil para a educación nutricional dos pacientes .

A aplicación, que anima a incorporar peixe na dieta polo menos tres veces por semana, foi cualificada como “unha iniciativa clave para previr problemas de saúde como a obesidade infantil e reforzar a dieta atlántica, un modelo alimentario avalado pola ciencia polos seus beneficios cardiovasculares”.

Durante o acto, a subdirectora de Enfermaría en Atención Primaria da área Sanitaria de Vigo, Carmen Soto, destacou a importancia de consumir peixe polo menos tres veces á semana, fundamental na dieta atlántica, “unha dieta que achega moito beneficios para a saúde incluíndo a redución do risco cardiovascular, unha mellor saúde metabólica e unha protección fronte a doenzas crónicas, ademais de mellorar a calidade de vida e a sustentabilidade ambiental”.

Pola súa banda, Juan Carlos Martín Fragueiro, director xerente de OPROMAR, sinalou: “As recomendacións sanitarias en canto á inxesta de peixe non se están a cumprir e os profesionais sanitarios son referentes e prescritores clave na adopción de lestes hábitos.” Martín Fragueiro engadiu que “a aplicación que presentamos ten un carácter práctico e moi intuitivo e o que é máis importante, vén avalada por profesionais sanitarios.”

Finalmente, Rosaura Leis, Presidenta de FEN e Coordinadora da Unidade de Nutrición Pediátrica no Hospital Clínico Universitario de Santiago, salientou que “a loita contra a enfermidade é unha loita de todos: familia, escola, profesionais sanitarios, sociedade no seu conxunto. OPROMAR dá boa mostra diso, ademais de achegar un produto saudábel e sostíbel.”

OPROMAR anunciou que estenderá estas presentacións á área Sanitaria da Coruña – Cee, co obxectivo de que máis profesionais poidan recomendar Polo menos Tres aos seus pacientes, reforzando así a educación nutricional, o consumo de peixe e o apoio ás comunidades pesqueiras galegas.

A aplicación inclúe un catálogo en constante crecemento con especies como pescada, peixe espada, xurelo, bacallau, rape, xarda, gallo, bocareu (anchoa), lirio, pota e quenlla, entre outras. A listaxe seguirase actualizando para converterse “nun recurso imprescindíbel na cociña diaria”.

Esta iniciativa enmárcase no Plan de Produción e Comercialización de OPROMAR para 2025 con Fondos FEMPA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.