O Concello de Boiro convoca unha nova liña de bolsas para deportistas federados do municipio

22 Setembro 2025

O Concello de Boiro convoca unha nova edición das bolsas a deportistas federados do municipio cunha dotación total de 9.750 euros. O prazo de presentación de solicitudes abrirá este martes 15 de xullo e durante un prazo de dez días hábiles.

O obxectivo desta convocatoria é recoñecer o esforzo e dedicación que leva a aparellada a practica deportiva de moitos dos deportistas do municipio para progresar nas súas respectivas modalidades. Esta liña de axudas forma parte das distintas accións que o Concello de Boiro leva a cabo para promoción e difusión do deporte.

Para participar desta convocatoria será necesario estar empadroado en Boiro; ter entre 9 e 23 anos a 31 de decembro de 2024; contar con licencia federativa; ter participado na tempada anterior en campionatos oficiais de Galicia, España ou nivel superior, convocatorias das seleccións galega ou española, probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior a campionatos galegos ou campionatos de ligas oficiais absolutos; e non sufrir sanción ou descalificación.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a contar dende este martes 15 de xullo. As bases da convocatoria e toda a información está dispoñíbel na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.