O relato “O fío do tempo” de Xosé María López Fernández gaña a 13ª edición do concurso #hoxeescriboen

18 Setembro 2025

O relato O fío do tempo, de Xosé María López Fernández (As Pontes), foi elixido polo xurado como gañador da 13ª edición do concurso #hoxeescriboen (Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña). A obra, ambientada no Mosteiro de Monfero, conquistou ao tribunal do galardón pola súa intensidade literaria e pola capacidade de mergullar ao lector nun ambiente sobrecolledor que recrea o lugar como un espazo maldito, cunha linguaxe poderosa, descricións líricas e unha estrutura narrativa que se mantén firme ata o final.

O segundo premio correspondeu a Francisco Ascón Belver (Oleiros) por A tardiña de San Xoán, relato situado na Praia de Langosteira en Fisterra, que, segundo o xurado, “destaca pola súa forza visual e pola atmosfera de misterio que percorre toda a narración”.

O terceiro galardón foi para Raquel Martínez Rodríguez (Arteixo), autora de Onde está Velázquez?, ambientado nas Meninas do Canido en Ferrol, unha proposta fresca e dinámica que convida a mirar o patrimonio urbano como memoria colectiva e tamén como proxección de futuro.

O xurado, presidido por delegación polo vicepresidente Xosé Regueira, estivo integrado por Patricia Cernadas, Paula Cabado e Maite Loureiro, quen tamén exerceu como secretaria. En total avaliáronse 104 relatos presentados por 90 persoas, todos eles verificados previamente como obras orixinais e inéditas.

A entrega de premios celebrarase o 26 de setembro na Biblioteca Provincial da Coruña, nun acto presidido por Xosé Regueira.

Ademais, para recoñecer a “alta calidade do conxunto de traballos recibidos”, a Deputación sorteou entre o resto de participantes trinta lotes de produtos gastronómicos da provincia.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.