As Escolas Culturais de Porto do Son inclúen unha decena de actividades formativas

17 Setembro 2025

O Concello de Porto do Son presentou nas redes os detalles das actividades das Escolas Culturais para este curso 2025/2026, dirixidas a incrementar os talentos da cidadanía, poñendo o foco nas novas xeracións. A axenda inclúe cinco formacións, cuxas datas achegamos a continuación.

Piano e linguaxe musical

Inicio das clases: 1 de outubro

Os luns, martes e mércores na Casa da Cultura de Porto do Son.

Horarios a acordar coa mestra Leticia Recamán (lrcmusicpiano@gmail.com).

Música tradicional (gaita e percusión)

Inicio das clases: 1 de outubro

Os luns, mércores e venres no edificio de usos múltiples de Porto do Son.

Horarios a acordar co mestre no teléfono 637 944 368.

Guitarra

Inicio das clases: 1 de outubro

Os martes, en horario de 16:00 a 19:30 horas, no edificio de usos múltiples de Porto do Son.

Os venres, en horario de 16:00 a 21:00 horas, na Casa da Cultura de Portosín.

Máis información a través do teléfono 654 567 232.

Danza

Inicio das clases: 4 de outubro

Os venres, en horario de 19:00 a 21:00 horas, na escola da Danza municipal de Porto do Son

Os sábados, de 11:00 a 14:00, na escola da Danza municipal de Porto do Son.

Máis información a través do teléfono 668 002 174.

Coro

Inicio das clases: 1 de outubro

Os mércores, en horario de 20:00 a 21:00 horas, na Casa da Cultura de Porto do Son.

Quen precise máis información sobre estas actividades, pode solicitala a través do enderezo electrónico lrcmusicpiano@gmail.com (Leticia Recamán).

Información e inscricións a través do teléfono 981 76 77 58 (concellería de Cultura).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.