A Casa da Cultura de Outes acolle este sábado presentación do libro sobre Alfredo Vilas publicado por Positivas

17 Setembro 2025

A Asociación Terra de Outes, ao abeiro do programa Actos para a memoria, celebra un acto de reivindicación histórico-cultural este sábado día 20 de setembro na Casa da Cultura do Concello as 19h. A asociación, que informa que este acto vén a dar continuidade os que a entidade realiza en torno á cuestión da memoria histórica, presentará o novo libro de filólogo, profesor e debuxante Gonzalo Vilas: O Republicano Irredutible do Esquecido “Castelar Galego” (Edicións Positivas) e a continuación representarase a obra de teatro O mestre cuxo autor foi Xosé Agrelo Hermo (escritor, profesor e editor noiés falecido en 2018, responsábel da editorial Toxosoutos), a cargo do grupo de teatro da Esteirana (O Xeito Teatro).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.