O alumnado participante no Obradoiro de Emprego Comarca de Sar remodelou o salón de plenos do Concello de Dodro

14 Setembro 2025

A semana pasada clausurouse a edición 2024 do Obradoiro Dual de Emprego Comarca de Sar, impulsado polos Concellos de Dodro, Padrón e Rois. No acto participou o rexedor de Dodro, Xabier Castro, quen lembrou algúns detalles relevantes sobre a iniciativa, destacando a importante formación recibida polo alumnado, as boas perspectivas de inserción laboral das e dos participantes (20 persoas das cales catro xa están a traballar) e a repercusión positiva que o obradoiro tivo para o territorio. Por exemplo no propio Consistorio, cuxo salón de plenos foi remodelado polas 20 persoas que recibiron formación teórica e práctica e que xa loce listo para ser empregado pola Corporación e a cidadanía. O alcalde sinalou que a satisfacción achegada polo obradoiro foi dobre: polo bo facer do alumnado nas obras da Casa do Concello e pola calidade da formación recibida, centrada en Atención sociosanitaria a domicilio e en Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, dous sectores cunha alta demanda de persoal.

O acto de clausura, presidido por Anxo Arca, contou coa participación da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, dos alcaldes de Rois, Ramón Tojo, e Dodro, Xavier Castro, así como da concelleira de Servizos Sociais de Padrón, Mariló Saco Vigo.

Este programa mixto de formación e emprego, promovido polos concellos de Padrón, Rois e Dodro e subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, co-financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social cun investimento de preto de 423.000 euros, tivo unha duración de 12 meses. Nel participaron 20 alumnos-traballadores, once deles de Padrón, que combinaron formación teórica e práctica a través dun contrato de formación en alternancia, percibindo o salario mínimo interprofesional durante o proceso.

O Obradoiro Dual de Emprego Comarca do Sar 2024 reafirma así o compromiso dos concellos de Padrón, Rois e Dodro coa inclusión laboral e a formación profesional, sentando as bases para mellorar a empregabilidade na comarca.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.