Clausurado en Padrón o Obradoiro Dual de Emprego Comarca do Sar 2024

11 Setembro 2025

 Xa atoparon traballo 4 dos 20 alumnos do Obradoiro de emprego Comarca do Sar 2024 clausurado hoxe.

A clausura deste Obradoiro celebrouse esta mañá no auditorio de Padrón coa asistencia de Anxo Arca; a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e os alcaldes de Rois e Dodro.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, agradeceu esta mañá o esforzo das 20 persoas desempregadas que participaron no Obradoiro Dual de Emprego Comarca do Sar 2024, confiando en que pronto todas elas poidan incorporarse ao mercado laboral. De feito, catro participantes xa atoparon un posto de traballo grazas á formación recibida en atención sociosanitaria a domicilio e en operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, dous sectores cunha alta demanda de persoal.

O acto de clausura, presidido por Anxo Arca, contou coa participación da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, dos alcaldes de Rois, Ramón Tojo, e Dodro, Xavier Castro, así como da concelleira de Servizos Sociais de Padrón, Mariló Saco Vigo.

Arca destacou na súa intervención a importancia da colaboración entre administracións para impulsar iniciativas que favorezan a inserción laboral. “Con accións como esta, dende o Concello estamos a mirar por aqueles veciños e veciñas que necesitan buscar unha saída laboral para poñer en marcha o seu proxecto de vida”, asegurou, subliñando a crecente demanda de profesionais en albanelería e axuda no fogar.

Este programa mixto de formación e emprego, promovido polos concellos de Padrón, Rois e Dodro e subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía Social cun investimento de preto de 423.000 euros, tivo unha duración de 12 meses. Nel participaron 20 alumnos-traballadores, once deles de Padrón, que combinaron formación teórica e práctica a través dun contrato de formación en alternancia, percibindo o salario mínimo interprofesional durante o proceso.

O Obradoiro Dual de Emprego Comarca do Sar 2024 reafirma así o compromiso dos concellos de Padrón, Rois e Dodro coa inclusión laboral e a formación profesional, sentando as bases para mellorar a empregabilidade na comarca.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.