A Regata GADIS arrinca en Ribeira cunha gran participación de deportistas infantís e xuvenís

06 Setembro 2025

A praia de Coroso acolle esta fin de semana unha nova edición da Regata GADIS, organizada polo Club Náutico Deportivo de Ribeira, que converte a localidade nun referente da vela infantil e xuvenil.

A primeira xornada estivo marcada por unhas condicións de mar e vento moi favorábeis, con compoñente sur e intensidade media de 8 a 10 nós, o que permitiu completar o programa previsto: tres mangas para Optimist Regata e ILCA 4, e dúas para Optimist Escola.

Optimist Regata e Escola

O Real Club Náutico de Portosín dominou provisionalmente en Optimist Regata, con Alonso Ons no liderado e Pablo Rubio no terceiro posto. Entre ambos situouse Miguel Gómez, do Náutico de Ribeira, que se fixo coa prata.

Na categoría de Escola destacou o papel do club anfitrión, co triunfo de Nico Sampedro, acompañado no podio por Valeria Serrano e Mayra Otero, tamén do Náutico de Ribeira.

Vela xuvenil

Na clase ILCA 4, o protagonismo foi para os regatistas locais: Bruno Iglesias gañou as tres mangas disputadas, seguido de preto por Daniel Iglesias, mentres que Enzo Ferrón situouse en terceira posición, completando un podio íntegramente ribeirense.

A competición continuará o domingo, cunha nova saída prevista ás 10:30 horas. A entrega de premios terá lugar ás 18:00 horas.

Foto Juan Caballero

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.