O Concello de Noia xa conta con tractor municipal. O servizo foi acadado logo de “anos de trámites”, segundo informaron fontes do Consistorio, destacando que a empresa adxudicataria xa entregou o vehículo e que a súa posta en marcha permitirá abaratar os traballos de rozas pendentes no termo municipal, dándolles o mesmo tempo axilidade ao non depender necesariamente de contratacións externas.
“Somos conscientes da necesidade deste tipo de intervencións que teñen moitas zonas do noso Concello, incluídos algúns terreos públicos. A chegada do tractor permitirá iniciar xa os traballos nalgunhas delas”, valorou o Concello.
O vehículo foi recibido por Alejandro, coordinador da Brigada Forestal.




