O buque Awadi leva máis de 24 horas ardendo no porto de Ribeira, aínda que o lume está controlado. Despregadas barreiras anticontaminación 

03 Setembro 2025

Continúan as tarefas de achique para manter a flotabilidade da embarcación sinistrada

O arrastreiro Awadi continúa ardendo no porto comercial de Ribeira, máis de 24 horas despois de que se iniciase o incendio na tarde do luns. A situación do barco é descrita como “estable”, segundo confirmou o Concello, e as tarefas céntranse agora no achique da auga para garantir a súa flotabilidade. Estes traballos están sendo realizados por unha empresa especializada en tratamento de hidrocarburos.

Co obxectivo de evitar a contaminación da dársena, xa foron despregadas barreiras anticontaminación, xa que a auga extraída das adegas presenta restos contaminantes da maquinaria do propio barco, tal e como explicou Fernando Abraldes, concelleiro do Mar de Ribeira.

Desde a tarde do martes non se detectan chamas no interior do pesqueiro. Con todo, o incendio segue activo e mantéñense as tarefas de arrefriado desde terra, segundo confirmou Lorena Solana, xefa da zona centro de Portos de Galicia, que destacou que o obxectivo principal pasa agora por estabilizar o barco.

O porto comercial continúa pechado por seguridade, aínda que as autoridades avanzan que podería reabrirse ao longo do día de hoxe se a evolución segue sendo favorable.

TVG

Outros artigos

Muros celebra a súa III Gala do Deporte o vindeiro 19 de decembro

A III Gala do Deporte do Concello de Muros celebrarase o sábado 19 de decembro no auditorio do Centro Cultural. O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas do 4 de decembro. “A terceira edición xa dunha gala moi especial para recoñecer publicamente o...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...