Xoves 28, xornada con ceos nubrados, chuvascos febles e temperaturas baixas para a época en Galicia

27 Agosto 2025

Galicia vivirá este xoves, San Agostino, unha xornada marcada pola inestabilidade. Durante o día agárdanse intervalos nubrados con precipitacións febles, illadas e ocasionais, máis probables pola mañá.

Co avance da noite, as choivas irán facéndose máis presentes, especialmente na metade oeste, onde se esperan precipitacións febles de carácter intermitente.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios ou con lixeiros descensos, mentres que as máximas baixarán de novo, quedando en valores máis baixos do habitual para esta época do ano.(20-24).

En canto ao vento, soprará de compoñente oeste, en xeral frouxo a moderado, pero incrementará a súa intensidade durante a tarde, sobre todo nas zonas costeiras.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá, boa á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3 metros á mañá e á noite e 2 a 3 metros á tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.