Noia presenta a programación final da 2ª edición do seu Entroido de Verán

27 Agosto 2025


O concelleiro de festexos de Noia, Manolo Seijas, compartiu a programación final do Entroido de Verán (Carnaval de Verán) edición 2025, a segunda edición dunha velada organizada por Noia en Marcha en colaboración co Concello. Así, a programación inclúe unha importante presenza de DJs locais, como é o caso de DJ Pichi, que animará a zona da praza da Constitución; de DJ Manutxo, que fará o propio na zona do malecón de Gasset; ou de DJ Cassanova, que estará ao cargo da zona da rúa do Curro.

Tamén na zona da rúa do Curro contarase coa presenza do grupo Bafana Bafana e cunha animación de baile ao cargo do grupo Tarafa.

A Alameda de Noia, pola súa conta, contará na súa zona cunha discoteca móbil e con animación musical. Estas catro zonas darán diversas opcións aos festeiros e festeiras nunha velada que comezará ás 20:00h, e que se estenderá ate a 01:30h da mañá. Nese momento, dará arranque na praza do Tapal o Fin de Festa, que contará coa
presenza do DJ Gabri Salgado aos mandos da Disco Chocolate.

“Nesta edición buscamos consolidar o que apunta a ser unha cita de referencia de agora en diante no calendario de eventos noiés“, sinalou Manolo Seijas, concelleiro de festexos do Concello de Noia, quen asegurou que “nesta segunda edición, redobramos a animación musical e apostamos por dar opcións a todos e todas. Agradecemos enormemente a colaboración da hostalería, crucial na organización deste evento”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.