O Castro de Baroña recibiu case 10.000 visitas este verán

26 Agosto 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou este 26 de agosto o Castro de Baroña, en Porto do Son, onde destacou a importante afluencia de turistas ao xacemento durante os meses centrais do verán, con case 10.000 visitas sumadas entre xullo e agosto.

En concreto, no mes de xullo Baroña foi visitado por 4.510 persoas, un 17% máis que no mesmo mes de 2024. Destas, un 85% correspondeuse con turistas nacionais. Entre os e as visitantes do mercado internacional destacan as recibidas de persoas de Francia (26,8%), Alemaña (12%), Estados Unidos (9,9%) e Bélxica (7,5%). Ata o 24 de agosto rexistráronse 5.214 visitantes.

“Estes datos amosan certa continuidade cos doutros períodos de alta afluencia, como a Semana Santa, cando o número de visitas incrementouse nun 18%, ata as 536 persoas”, sinalou Merelles, salientando que “destas, un 83% procedían do mercado nacional”.

Precisamente co obxectivo de coñecer o verdadeiro impacto dos visitantes, Turismo de Galicia ten previsto realizar proximamente un estudo dos fluxos turísticos do Castro de Baroña. Xosé Merelles salientou que esta análise “permitiranos reforzar a planificación e xestión do destino con novas ferramentas”, ao tempo que “nos dará as claves para a optimización da programación turística deste recurso”.

O director de Turismo de Galicia enmarcou as estatísticas de visitas no contexto de datos de visitantes rexistrados na provincia da Coruña ata xullo de 2025. Na primeira metade do ano, 1,28M de persoas rexistráronse en aloxamentos da provincia, realizando máis de 2,23M de pernoctacións. Estas cifras tradúcense nunha mellora do 0,5% e do 1,8%, respectivamente, en relación ao mesmo período de 2024.

Xosé Merelles puxo en valor a especial singularidade do castro, que desde 2011 está considerado como Ben de Interese Cultural. “A súa localización, na praia de Área Longa, incrementa a súa relevancia a nivel de patrimonio natural, así como recurso cultural e turístico que se remonta aos primeiros poboamentos castrexos da comunidade”, destacou, lembrando que o emprazamento estivo habitado entre os séculos IV a.C. e I d.C.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.