Un home foi trasladado ao CHUS en helicóptero tras un accidente frontal en Leiro, Rianxo

19 Agosto 2025

Dotacións de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira actuaron en accidente con atrapados en Leiro, no concello de Rianxo. Fixérono en estreita colaboración coa Policía Local de Rianxo e Protección Civil Rianxo, 061, H3, os sanitarios do Centro Saúde e a Garda Civil. Grazas ao operativo foi evacuado un home ao Hospital Clínico de Santiago en helicóptero. O sinistro aconteceu sobre as 11.30 horas deste martes 19 de agosto na DP-3301 ao seu paso polo núcleo de Palleiro, en Leiro. O accidente consistiu nunha colisión frontal entre os dous coches implicados: un Citroën Xsara e un Nissan Navara. O primeiro dos vehículos quedou sinistro e o seu ocupante tivo ser excarcerado para logo ser trasladado ao CHUS. O outro dos condutores implicados non sufriu apenas mancaduras.

Foto do Consorcio Provincial Antiincendios

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.