Interceptada unha lancha pneumática que pescaba de xeito ilegal en augas de Sálvora

19 Agosto 2025

A Xunta interceptou este luns, 18 de agosto, unha lancha pneumática con bandeira portuguesa mentres pescaba de forma ilegal en augas pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG). Durante a intervención, identificouse a dúas persoas a bordo da embarcación e comisouse material de pesca deportiva de mergullo, que é, segundo lembra a Xunta, unha actividade prohibida especificamente dentro deste espazo protexido.

O Goberno galego informou tamén de que o operativo de vixilancia activouse o pasado luns a raíz do aviso recibido por parte dun particular advertindo da presencia dunha embarcación ancorada ao sueste do illote da Herbosa, nas inmediacións de Sálvora.

Axiña, axentes do parque despregados neste arquipélago desprazáronse ata o lugar sinalado, onde localizaron a referida lancha nunha pequena cala de augas pouco profundas e con dous ocupantes: un a bordo e outro realizando pesca submarina con chumbos e fusil. Durante a inspección, o persoal autonómico procedeu a identificar ás dúas persoas e realizou os controis habituais neste tipo de operativos, constatando que non contaban con ningunha autorización nin permiso para estar na zona.

Por este motivo, os axentes do Parque, co apoio do servizo de vixilancia da Confraría de Pescadores de Aguiño (Ribeira) e da súa embarcación, procederon a tomar fotografías dos feitos, recompilaron o folio e o resto de datos da lancha e comisaron o fusil de pesca que empregaba un dos seus ocupantes no momento da intervención.

Como próximo paso, desde a dirección do Parque Nacional das Illas Atlánticas procederase a tramitar o inicio do correspondente expediente sancionador por unha presunta infracción do Plan reitor de uso e xestión do PNMTIAG —aprobado mediante decreto en decembro do ano 2018— e da Lei 30/2014 de parques nacionais, que regula en toda España a conservación destes espazos protexidos e da rede que conforman, así como os diferentes instrumentos de coordinación e colaboración existentes.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.