O XI Torneo de Golf CONGALSA prevé reunir esta “finde” a máis dun centenar de deportistas

18 Agosto 2025

O Barbanza Golf de Boiro acollerá os próximos 22, 23 e 24 de agosto o XI Torneo de Golf CONGALSA, unha cita xa consolidada no calendario galego que cada ano atrae a un maior número de participantes e seareiros/as, segundo confirmou a organización.

Nesta edición a previsión é chegar a preto dun centenar de xogadores chegados de distintos puntos de Galicia, que demostrarán a súa destreza no campo, competindo nas categorías Scratch, Hándicap, Senior, Feminina e Júnior. A xornada final, o domingo 24, incluirá a partir das 13.00 horas a entrega de premios, seguida dunha festa de clausura con sorteo de agasallos e degustación de produtos elaborados por CONGALSA.

Este evento, impulsado como dixemos pola firma da Pobra CONGALSA, non só fomenta a práctica do golf, senón que tamén actúa como dinamizador turístico e económico para a comarca do Barbanza, atraendo visitantes e xerando actividade na zona. As inscricións permanecen abertas ata o xoves 20 ás 22.00 horas e poden formalizarse a través do correo electrónico barbanzagolf@gmail.com , na web golfdirecto.com, no teléfono 651 172 945 ou directamente nas instalacións do campo de golf de Boiro.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.