Outes e Muros acollerán dous dos concertos do ciclo Espazos Sonoros organizado por Patrimonio da Deputación

18 Agosto 2025

Baixo o lema Escoitar con asombro, alento da memoria chega unha nova edición de Espazos Sonoros, o ciclo organizado polo departamento de Patrimonio e Contratación da Deputación da Coruña no que se dan a man a música antiga e o patrimonio cultural e arquitectónico da provincia e que ofrecerá dous concertos en Outes e en Muros.

Programación completa

Il Concerto Intempestivo (no convento de Santo Antonio de Herbón, Padrón, o 31 de agosto, ás 20.30 horas) abrirán a programación de Espazos Sonoros 2025, que terá estoutras citas:

Domingo 7 de setembro, 17.30 horas: Vox Stellae (igrexa parroquial de Santa María de Bares, Mañón).

Sábado 13 de setembro, 19 horas: Alexia Chrysomalli & Óscar Antolí (Espazo Museístico da Carpintaría de Ribeira-Estaleiro do Cibrán, Outes).

Sábado 20 de setembro, 19 horas: Per-Sonat (santuario da Virxe do Camiño, Muros).

Sábado 27 de setembro, 17 e 18.30 horas: Paulina Ceremużyńska e Manuel Vilas (Santo Antoíño de Toques).

Domingo 28 de setembro, 12.30 horas: Suelen Estar Quartet (Centro Etnográfico do río Mandeo, Curtis).

Sábado 4 de outubro, 20 horas: concerto de clausura, con Rosana Orsini & Ensemble Freymut (Teatro de Beneficencia, Ortigueira).

Para o deputado, Xosé Penas, Espazos Sonoros é “un festival cun selo de calidade, onde participan os mellores grupos do panorama musical internacional, e que aposta polo complemento de actividades arredor dese eixo central da música e do patrimonio. Sempre na procura doutra maneira de sentir, escoitar e contemplar esa inmensa lista de patrimonio material e inmaterial que temos a sorte de ter”.

A directora artística do festival, Belén Bermejo, falou da “esencia nómade” como do trazo máis característico dun festival “á marxe das conxunturas marcadas polas modas, os ciclos políticos e os modelos culturais dominantes”.

Outras actividades

Coma todos os anos, o ciclo propón unha serie de actividades vencelladas aos espazos, que permitirán afondar no coñecemento destes e das súas contornas, con visitas guiadas, percorridos pola natureza ou actividades para saber máis dos contidos musicais da programación. Entre elas destacan unha visita ao conxunto conventual de Santo Antonio de Herbón e á igrexa románica de Santa María (31 de agosto), unha xornada en Bares e visita ao faro (7 de setembro), a Ruta dos carpinteiros cos pés mollados (13 de setembro), unha ollada ao patrimonio histórico e industrial de Muros (20 de setembro), unha visita ao castro da Graña e á igrexa de Santo Antoíño de Toques (27 de setembro) e unha visita Visita ao Centro Etnógráfico do Río Mandeo e paseo sonoro polo río Carregal (28 de setembro).

Os concertos son de balde e a entrada libre, agás para os recitais en Santo Antoíño de Toques e no Centro Etnográfico do Río Mandeo, que precisan inscrición previa, o mesmo que as outras actividades do programa. Na web do ciclo, espazossonoros.org, pódese consultar a programación polo miúdo e como e en que prazos realizar as inscricións.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.