O BNG de Boiro homenaxea a José Casais García no Día de Galiza Mártir

18 Agosto 2025

O Bloque Nacionalista Galego de Boiro convocou, un ano máis, o acto político do Día de Galiza Mártir, que vén celebrando de maneira ininterrompida dende hai 23 anos. A cita foi este domingo 17 de agosto, ás 20:30 horas na rotonda de Cimadevila, e servirá, en palabras da agrupación, “para manter viva a memoria de quen entregaron a súa vida en defensa da democracia, da liberdade e dos dereitos do noso pobo”.

Desta volta rendeuse tributo a José Casais García, veciño de Mosquete, parroquia de Santa Baia de Boiro. Mariñeiro de profesión, no ano 1936 tiña 34 anos e estaba enrolado no vapor Alfonso Senra, adicado ao transporte de froitas e produtos agrícolas. Na súa derradeira viaxe, cubría a ruta entre Málaga e Xixón. A tripulación levaba meses sen cobrar, feito que o capitán utilizou para acusar os mariñeiros de desobediencia.

O 11 de setembro de 1936, o barco foi apresado por dous bous artillados, Argos e Ciriza, e conducido á base naval de Ferrol. Cinco días despois, e sen escoitar a versión dos tripulantes, o auditor Rendueles redactou un informe acusándoos falsamente de marxistas e de querer entregar a carga á Fronte Popular de Málaga.

A condena foi inmediata: fusilamento na noite do 17 de setembro en Canido, sen xuízo nin probas. Tras a execución, rexistráronse os cadáveres e incautáronse 2.500 pesetas, sendo enterrados nunha fosa común.

Xunto a José Casais foron asasinados outros dous veciños do Barbanza: Antonio González Pérez, de Palmeira, e José Lijó Pérez, de Ribeira. O Alfonso Senra foi posteriormente utilizado polos fascistas para trasladar prisioneiros á illa de San Simón.

En 1962, sobre a fosa construíuse un instituto. Os restos foron trasladados ao cemiterio de Catabois sen aviso ás familias.

No acto celebrado este domingo lembrouse unha cita de Eduardo Blanco Amor: “Non podemos deixar morrer os nosos mortos”. Por iso,
dende o BNG de Boiro consideran “un deber político e moral que o seu nome figure entre os bos e xenerosos do noso concello, para que nunca se perda a memoria”.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.