Este venres inaugúrase a Feira Pop Up de Noia na Alameda

07 Agosto 2025

Este venres 8 de agosto, as 12 h., terá lugar a inauguración da Feira Pop Up de Noia, na Alameda da vila noiesa. Contarase co presenza do concelleiro de Comercio, José Pérez, da presidenta de Noia histórica, Alba Expósito, e do alcalde de Noia, Santiago Freire.

Na presentación haberá unha exhibición de baile a cargo das rapazas do campamento de verán do Liceo de Noia. Un total de 13 empresas de moda e téxtil están presentes este ano nas haimas do recinto da Alameda de 10:30 a 14:30 e de 18 a 22 h.

No capítulo de actividades paralelas, o sábado 9 de agosto, ás 20:30 horas, e o domingo 10 as 12 horas, organizarase unha degustación de produto e demostración in situ de elaboración de sidra a cargo da empresa Val do Traba. Ademais, o sábado de 20 a 22 h. un DJ amenizará a feira e, pola noite ás 22.00 horas, celebrarase un sorteo en directo de 3 premios de 50 € para trocar no propio recinto de feira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.