Nivel vermello e alerta por episodio de calor no Miño de Pontevedra e en Valdeorras

04 Agosto 2025

O Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde sitúa en nivel vermello os concellos das zonas isoclimáticas do Miño de Pontevedra e de Valdeorras, en Ourense.                                                                 

Ademais, os concellos das Rías Baixas, que se corresponden coas zonas isoclimáticas do suroeste da Coruña e do litoral de Pontevedra, están en nivel laranxa. Pola súa parte, en nivel 1 ou amarelo quedan a zona do Miño de Ourense, sur de Ourense e montaña de Ourense.

Hoxe luns Meteogalicia informa de que calma o vento do nordés e soben as temperaturas no centro e no sur da comunidade. Mañá martes volve activarse o nordés e haberá un descenso térmico máis acusado na metade norte.

Suspensión da actividade deportiva federada no exterior

No caso do deporte, a Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, determinou a suspensión da actividade deportiva federada no exterior por mor da alerta por episodio de calor na xornada de hoxe en concellos das Rías Baixas e do interior de Pontevedra, así como do suroeste da provincia da Coruña e de Valdeorras:

– Suroeste da Coruña: Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois;

– Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras;

– Miño de Pontevedra: Arbo, Crecente, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, O Porriño, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui;

– Litoral de Pontevedra ou Rías Baixas: Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Catoira, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Pontevedra, Portas, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Valga, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa;

Interior de Pontevedra: Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Na web de Meteogalicia atópase a información actualizada, así como a evolución temporal, premendo sobre o nome de cada zona:

http://www.meteogalicia.gal/web/predicion/calor

O Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, está dispoñible na ligazón:

https://airesaude.sergas.gal/Contidos/CC_Recomend_calor?idioma=ga

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.