Proseguen os roteiros estivais polos tesouros paisaxísticos, patrimoniais e ambientais de Rianxo

30 Xullo 2025

Esta semana continúan en Rianxo os roteiros guiados do Concello por diferentes puntos de interese turístico do municipio. Logo da saída deste martes ao Castelo da Lúa o sábado 2 de xullo as persoas participantes visitarán no Hórreo de Araño, o hórreo máis longo do mundo.

Ademais, este este xoves, como todos os xoves dos meses de xullo e agosto, celebrarase unha nova visita polo casco histórico da nos vila.

As saídas son gratuítas mais requírese inscrición previa a través do 690 112 469 ou mandando un correo electrónico a turismorianxo@supernova.gal.

O Concello de Rianxo, a través do Servizo de Turismo, organiza este programa de roteiros guiados por diferentes puntos de interese turístico do municipio. O programa comezará con catro itinerarios para descubrir algúns dos principais tesouros patrimoniais, paisaxísticos e naturais do concello.

-Visita ao Hórreo de Araño o 12 de xullo e o 2 de agosto.

-Roteiro polo Río Te o 19 de xullo e o 5 de agosto.

-Visita ao Castelo da Lúa o 29 de xullo e o 12 de agosto.

-Descubir o Rianxo mariñeiro o 15 e o 26 de agosto.

Ademais, todos os xoves dende o 3 de xullo ata o 29 de agosto haberá visitas guiadas polo centro histórico da vila.

As saídas son gratuítas mais requírese inscrición previa a través do 690 112 469 ou mandando un correo electrónico a turismorianxo@supernova.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.