Rescatado un cadáver nun acantilado da praia do Dique, no concello de Porto do Son

27 Xullo 2025

Os bombeiros do parque provincial do Boiro foron mobilizados ás 23:50 horas deste pasado sábado para o rescate dun cadáver nun acantilado e zona de difícil acceso na praia do Dique, no concello de Porto do Son.

No operativo participaron Garda Civil, bombeiros de Ribeira, Protección Civil e GES NOIA.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Os bombeiros rescatan o corpo sen vida dunha persoa na zona de cantís de Porto do Son, preto da medianoite deste sábado.

Foi un particular quen, minutos antes das 23 horas deste sábado, alertou ao 112 Emerxencias de Galicia de que localizara o corpo dunha persoa preto da praia do Dique, en Queiruga, no concello do Porto do Son.

Nada máis recibir o aviso, desde a sala de operacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, activaron un operativo no que colaboraron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros de Ribeira e Boiro, o GES de Noia e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son.

Cando chegaron ó lugar, os axentes da Garda Civil confirmaron que o corpo se atopaba nun cantil, nunha zona escarpada á que non podían chegar os vehículos de emerxencias.

Os bombeiros trasladárono cunha padiola ata un lugar accesible, onde os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.