A rapazada de Outes coloca caixas niño e apaña lixo no río Tins a través do proxecto Renatur

24 Xullo 2025

Na mañá deste xoves 24 de xullo o proxecto Renatur_Outes contou coa colaboración das 75 crianzas do campamento de verán do concello de Outes para instalar 4 caixas niño en varias árbores do treito urbano do río Tins ao seu paso pola Serra. As nenas e nenos decoraron as caixas nas xornadas previas á colocación e axudaron a escoller as localizacións e orientación máis adecuadas para favorecer o asentamento de especies de pequeno tamaño na próxima primavera.

A rapazada do campamento de verán tamén aprendeu coñecementos sobre as especies de aves presentes na zona da man de técnicas da Fundación Montescola e do Concello de Outes.

No percurso desde a Casa da Cultura tamén se implicaron na recollida de lixo, axudando a deixar o espazo fluvial limpo a poucas horas do inicio das festas do Santiaguiño.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. “Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto”, informou o equipo de Renatur_Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.