A Deputación da Coruña aproba novas axudas humanitarias para Ucraína

24 Xullo 2025

A Deputación aprobou por unanimidade no pleno deste 24 de xullo un convenio de colaboración destinado a apoiar o pobo ucraíno ante “a grave crise humanitaria que segue provocando a guerra”. Nesta ocasión, a institución provincial destinará 100.000 euros á adquisición de equipamento médico esencial para o Centro Rexional de Sangue de Odesa, un dos hospitais clave no suroeste do país. A acción desenvolverase en colaboración coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA Ucrania), que canaliza desde Galicia múltiples iniciativas de asistencia, tanto no propio territorio ucraíno como no apoio a persoas desprazadas.

A Deputación achegará 100.000 euros para “un proxecto centrado na dotación de maquinaria específica para garantir o funcionamento básico dun servizo sanitario tan sensíbel como é o banco de sangue”, informou a institución provincial.

A entidade provincial lembra que “a infraestrutura da sanidade ucraína leva máis de dous anos sometida a un desgaste brutal pola guerra, con constantes bombardeos, cortes de subministración e escaseza de recursos médicos”. Neste contexto, “contar con sistemas adecuados para recoller, conservar e distribuír sangue salva vidas todos os días, tanto no tratamento de feridas de guerra como noutras intervencións hospitalarias que non poden parar”.

A maquinaria que se financiará inclúe extractores de sangue automáticos, conxeladores rápidos, mesas refrixeradas, frigoríficos técnicos, seladores móbiles, conxeladores biomédicos e contedores con anticoagulante.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que “nun momento no que a guerra desapareceu das portadas, é máis importante ca nunca manter viva a solidariedade co pobo ucraíno, apoiar ás organizacións que están sobre o terreo e contribuír a salvar vidas con proxectos coma este, que atenden unha necesidade humanitaria moi concreta”.

A distribución do material farase no terreo a través da organización benéfica KOLO Charity Foundation, colaboradora directa de AGA Ucrania, que traballa de maneira continuada na rexión de Odesa desde o comezo da invasión rusa. A Deputación colabora con AGA Ucrania desde hai máis de dous anos, recoñecendo a súa labor seria, rigorosa e directa tanto dentro de Ucraína como na acollida de persoas refuxiadas en Galicia.

Outras accións de apoio ao pobo ucraíno

Esta nova axuda enmárcase nun compromiso humanitario que a Deputación mantén vivo desde o estalido da guerra en febreiro de 2022. Nos primeiros meses do conflito, a institución acolleu a 32 persoas refuxiadas de guerra ucraínas na residencia do IES Rosalía Mera, a maioría delas mulleres e menores.

A maiores, tras unha reunión mantida en Madrid co embaixador ucraíno en España, Serhii Pohoreltsev, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, impulsou o envío de ambulancias ao país que a día de hoxe seguen traballando para reforzar a atención de urxencia nos puntos máis afectados polos bombardeos. Ademais, hai uns meses, o propio presidente recibiu aos responsábeis de AGA-Ucrania na sede provincial para avaliar novas vías de cooperación, entre elas esta intervención que agora se materializa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.