O Concello de Padrón impulsará unha consulta cidadá sobre a carreira de burros

22 Xullo 2025

O Concello de Padrón impulsará unha consulta cidadá para coñecer a opinión da veciñanza sobre a celebración da tradicional carreira de burros, un evento que forma parte da tradición popular do municipio pero que, nos últimos anos, xera certo rexeitamento nun sector da cidadanía.

A edición deste ano celebrarase fóra da programación oficial das Festas do Santiaguiño do Monte. Neste caso, está organizada pola asociación ABUFA como un acto de homenaxe ao burro fariñeiro, unha figura ligada á historia e identidade galega.

A noticia do seu retorno provocou reaccións públicas contrapostas: mentres unha parte da veciñanza amosa o seu apoio á continuidade da celebración, algunhas voces manifestaron o seu rexeitamento. Entre estas últimas, o grupo municipal do BNG, que expresou a súa oposición ao evento e convocou unha concentración de protesta.

Neste contexto, e co obxectivo de “rebaixar a tensión social e tomar decisións baseadas en datos sobre a vontade da cidadanía”, o Concello de Padrón contratará os servizos dunha empresa independente especializada “para realizar unha enquisa representativa que permita coñecer con rigor a opinión da veciñanza padronesa”.

A enquisa, cuxos resultados serán públicos, recollerá cuestións como se a cidadanía considera que a carreira de burros constitúe ou non unha forma de maltrato animal, se está a favor ou en contra da súa continuidade e a preferencia sobre a localización da mesma se esta continúa celebrándose.

Unha vez analizados os datos, o Concello tomará unha decisión sobre a celebración desta actividade nas vindeiras edicións, baseándose nos datos recollidos.

Por outra banda, e coa intención de reforzar as garantías de benestar animal nesta edición organizada por ABUFA, o Concello contratará un veterinario independente que se sumará ao profesional xa disposto pola organización.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.