Xa na rúa o número dobre da edición impresa de ” O Barbanza” dedicada o verán

22 Xullo 2025

Como cada mes sae un novo número da nosa publicación mensual en papel “O Barbanza”  correspondente os meses de xullo-agosto.

Esta edición dobre de xullo nº 76 e agosto nº 77, está xa en distribución de balde en toda a comarca e trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos nos concellos da comarca, dedicando especial información do verán, das festas e as actividades de lecer.

Coma sempre o turismo, a cultura, a historia como as reportaxes sobre os “Hospitalillos da Pobra” e os 75 anos da obra “Hombres y Dornas” entre outos completan este número de “O Barbanza” de verán que como é habitual ten unha tirada de 7.000 exemplares.

Amais do seu formato físico poden descargarse en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas para pc, tablet e móbiles.

Invitarvos a seguirnos a diario en “www.obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos letores que no último mes superaron a media de 3.700 usuarios únicos/día con xornadas que superan os 10.500 usuarios/día, e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas.

Coma sempre xa sabedes que podedes mandarnos as vosas opinións, informacións, denuncias e convocatorias a redaccion@obarbanza.gal ou o noso Whatsapp 608 240 160. Grazas polo apoio e a difusión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.