Luns 21, néboas, chuvascos e melloría progresiva ao longo do día

20 Xullo 2025

O día comezará con néboas e nubes baixas nas comarcas do interior, mentres que na comarca e na metade oeste da rexistrararanse chuvascos illados e ocasionais. Porén, co avance das horas, estas precipitacións tenderán a desaparecer e os ceos abriranse, especialmente nas zonas sur e leste.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas iniciarán unha tendencia ascendente (22-23 graos). En canto ao vento, soprará do suroeste pola mañá, virando cara ao oeste pola tarde. Agárdase que sexa en xeral frouxo, aínda que podería rexistrarse algún intervalo de intensidade moderada no litoral norte.

En resumo, unha xornada de tempo cambiante, con melloría progresiva e temperaturas máis agradables nas horas centrais do día.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.