Os concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira piden acatar a resolución da UE e liberalizar a autoestrada AP-9

18 Xullo 2025

Concellos pola gratuidade da AP-9 piden acatar a resolución da Comisión Europea e liberalizar a autoestrada. Os concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira fanse valer de novo e solicitan “unha resposta a altura das circunstancias por parte do Goberno central despois da resolución chegada de Europa sobre a AP-9”.

Esta plataforma naceu o pasado 25 de febreiro para reclamar a constitución dunha mesa de traballo entre o Ministerio de Transportes e os concellos afectados “polas altas tarifas da concesionaria da infraestrutura”. Xa se pronunciou en abril sobre a esquilma que supoñen os máis de 210 millóns de beneficios recadados en 2024 por AUDASA.

Os Concellos asinantes do manifesto instan ao Goberno do estado a acatar a resolución europea contra a prórroga ilegal da AP-9 e “situarse no lado correcto da historia”.

Sinalan que o actual Executivo “pode ser recordado como o Executivo que liberalizou a AP-9 para todos os galegos e galegas ou que permitiu que AUDASA se seguise lucrando de forma abusiva a costa deles”.

Dende “Concellos pola gratuidade da AP-9” enténdese que se está nun momento histórico e que nunca houbo un respaldo legal e social tan contundente como nestes momentos para poder rectificar o erro histórico cometido no ano 2000 polo goberno popular de José María Aznar.

AUDASA, 210 millóns en 2024 e 365 dende 2019

AUDASA ten a concesión máis rendible de toda a Rede de Estradas do Estado, cuns beneficios que superan os 1.000 millóns en facturación total e, que só no 2024 chegaron ata os 2010. Dende o ano 2019 e cunha pandemia de por medio que freou o seu ritmo de facturación chegaron a facturar 365 millóns de euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.