A Pobra descobre aos turistas o marisqueo a pé

18 Xullo 2025

O marisqueo tradicional é o fío condutor dunha das actividades estrela na programación turística estival da Pobra do Caramiñal. Da man das mariscadoras da Asociación Mar da Pobra, as persoas que participan nesta actividade teñen a oportunidade de coñecer, de xeito teórico e práctico, este oficio tradicional. O Concello ten aberto o prazo de inscrición das próximas propostas, que se celebrarán o mércores, 23 de xullo (na praia de Raposiños), e o xoves, día 31 (en Areos).

Teoría e práctica

O punto de encontro é a Casa Mariñeira e desde alí, o grupo sae cara ao areal, onde as traballadoras realizan os labores de marisqueo a pé. Grazas ás súas explicacións, os e as turistas poden descubrir en que consiste este traballo, como é a xornada laboral destas mulleres e aprenden, ademais, a identificar entre as distintas especies que recolectan. A experiencia vai máis aló da teoría, xa que as persoas participantes teñen a ocasión de empregar os distintos utensilios de marisqueo como o rastro e o sacho.

Estas sesións están englobadas dentro do programa municipal de turismo mariñeiro. Ademais de en xullo, as actividades de marisqueo a pé celebraranse os xoves 7, 14, 21 e o venres, 29 de agosto.

As persoas interesadas en anotarse poderán facelo na Casa Mariñeira (parque do Castelo) ou no correo turismo@apobra.gal. Así mesmo, poderán solicitar máis información nos teléfonos 671 090 262, no 687 482 835 ou no 981 843 280 (extensión 2035).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.