O servizo de Madrugadores de Muros atendeu a máis de 60 nenos/as e unhas 40 familias

15 Xullo 2025
A alcaldesa de Muros, María Lago

O servizo de Madrugadores do Concello de Muros pechou con éxito o seu primeiro curso de xestión municipal, atendendo a máis de 60 nenos/as e unhas 40 familias. Despois duns meses de colaboración coas asociacións de nais e de pais (anpas) no curso 2023/24, o concello decidiu xestionar directamente este curso o servizo, gratuíto para as familias.

O Servizo Municipal de Madrugadores do CEIP Plurilingüe de Louro atendeu este curso a 18 nenos e nenas; o CEIP Ramón de Artaza y Malvárez a 13 nenos e nenas, e o CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío a 31 nenos e nenas.

“Trátase dun servizo en moitos casos indispensábel para que unha familia poida continuar vivindo no noso concello”, asegura a alcaldesa, María Lago, que considera que “este tipo de políticas e medidas son as que realmente melloran a vida da veciñanza”.

Na mesma liña fala a concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira: “Damos resposta a unha demanda dos centros educativos e a unha necesidade das asociacións de nais e pais, polo que traballaremos coa comunidade educativa para seguir mellorando o servizo no curso 2025/26”.

“Os datos reflicten que as familias necesitaban este servizo, un paso adiante a favor da igualdade”, afirmou pola súa parte a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez.

“No Goberno local, desde que comezou o mandato, deixamos claro que os servizos públicos son a nosa prioridade”, rematou María Lago.

Outros artigos

Convocado o II Concurso de tapas Rois nun bocado

Tapas na Taberna Angueira O Concello de Rois organiza a segunda edición do Concurso de Tapas Rois nun bocado!, unha iniciativa que busca poñer en valor a creatividade gastronómica da hostalería local, promocionar os produtos do municipio e dinamizar a súa vida social....

+

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.