Boiro supera a media galega en doazóns de sangue

15 Xullo 2025

A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) está a desenvolver unha campaña especial para fomentar as doazóns durante o presente verán e, no marco desta campaña, a unidade móbil estará en Boiro os días 17, 18 e 19 de xullo. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro, Roberto Lojo, participaron este martes 15 de xullo na presentación da iniciativa xunto con Marisa López, directora de ADOS.

O obxectivo, sinalaron, é fomentar a doazón de sangue durante os meses de verán, nos que é máis complexo manter estable a participación das persoas que doan sangue, e así acadar as 27.000 doazóns que precisan os centros sanitarios neste período para axudar ás persoas que o necesitan.

A unidade móbil estará situada en Boiro, na praza de Galicia, o xoves 17 de xullo de 10.00 a 14.00 horas, o venres 18 de xullo de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas e o sábado 19 de 10.00 a 15.00 horas.

1.389 doantes en 2024

Romero e López salientaron que Boiro é un municipio moi activo en canto a doazóns de sangue. No ano 2024 doaron 1.389 persoas e a taxa foi de 73 doazóns por cada 1000 habitantes, a cifra máis alta da comarca e que supera en 34 puntos a media galega. Gracias á participación de todos os doantes o ano pasado puidéronse axudar a máis de 31.000 doentes nos hospitais galegos.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), dependente da Consellería da Sanidade, envía compoñentes sanguíneos as 24 horas do día a todos os hospitais de Galicia para atender a actividade asistencial e facer fronte ás urxencias. Os hospitais galegos precisan máis de 400 doazóns de sangue cada día e dez unidades móbiles percorren os concellos para atender as persoas que desexan realizar este acto altruísta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.