Muros acolle a estrea de “Padre no hay más que uno 5” en catro sesións (do xoves ao domingo)

10 Xullo 2025

Esta fin de semana vai ser unha finde de cinema en Muros, a partir deste xoves 10, coa estrea no concello muradán de Padre no hay más que uno 5, do director, actor e humorista Santiago Segura. Trátase dunha comedia familiar que nos conta as novas aventuras da familia García Loyola.

Haberá catro proxeccións no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Sesións:

– Xoves, 10 de xullo ás 20:30 h e ás 22:30 h

– Venres, 11 de xullo ás 20:30 h e ás 22:30 h

– Sábado, 12 de xullo ás 20:30 h e ás 22:30 h

– Domingo, 13 de xullo ás 20:30 h e ás 22:30

Entradas á venda xa dispoñibeis na Rede.

Sinopse

Mentres moito pais enfrontan a tristeza do “niño baleiro” cando os seus fillos medran e se independizan, Javier vive unha situación completamente oposta: a súa casa segue tan chea como sempre, e ninguén parece ter intención de irse. Coa súa familia ao completo e os retos cotiáns multiplicándose, Javier vese desbordado polo caos doméstico, as responsabilidades familiares e as situacións disparatadas que non paran de xurdir. Esta comedia marca a última entrega da exitosa saga Padre no hay más que uno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.