Xoves 3, suba da temperatura, sol e risco de chuvascos cara a noite no interior

02 Xullo 2025

A xornada do xoves 3 vén marcada por unha situación meteorolóxica intermedia, cunha combinación de altas presións no Atlántico e unha baixa térmica situada ao norte de Portugal. Este contraste está a provocar unha circulación do nordés intensa que condicionará o tempo nas comarcas do Barbanza, Muros, Xallas e Noia.

Durante a mañá, agárdanse ceos parcialmente cubertos no norte, con presenza de orballos illados. A medida que avance o día, o sol irá gañando terreo no sueste, aínda que pola tarde medrarán nubes de evolución que poderían dar lugar a chuvascos tormentosos.

De cara á noite, os chuvascos iranse xeneralizando, especialmente nas zonas do interior e do litoral oeste, polo que se recomenda precaución en desprazamentos e actividades ao aire libre.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios destacables, mentres que as máximas subirán lixeiramente, podendo superar os 25 °C nas zonas máis abrigadas. A costa superara os 30 graos

O protagonista da xornada será o vento do nordés, que soprará con forza moderada a forte, especialmente nas zonas costeiras. En puntos altos do Barbanza, Muros ou Noia, espéranse refachos puntuais superiores aos 80 km/h.

No mar, prevese marusía forte durante o día e mar de fondo do norte, con ondas entre 1,5 e 2,5 metros.

meteogalicia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.