Ambar fomenta hábitos de vida saudábeis a través dunha charla sobre alimentación e benestar

01 Xullo 2025

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional celebrou o pasado venres 27 de xuño, no Concello da Pobra do Caramiñal, unha enriquecedora charla sobre Alimentación saudábel impartida por Rubén Martínez Ayaso e aberta a toda a comunidade. Esta iniciativa enmárcase
no obxectivo de promover o benestar integral e a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.

Durante a xornada, as persoas participantes tiveron a oportunidade de afondar en coñecementos fundamentais sobre hábitos de alimentación saudable e a súa influencia no benestar físico e emocional (subliñouse a importancia dunha dieta equilibrada como piar para unha boa saúde
xeral e un estado de ánimo positivo) e sobre estratexias para a planificación e consumo de alimentos equilibrados (ofrecéronse ferramentas prácticas para organizar as comidas e realizar eleccións alimentarias conscientes no día a día).

Amais, achegáronse claves sobre a relación entre nutrición, autoestima e calidade de vida, destacándose como unha alimentación axeitada pode impactar directamente na percepción de un mesmo e no goce dunha vida plena.

Dende Ambar agradeceron profundamente a Rubén Martínez Ayaso a “súa valiosa contribución e a forma didáctica na que compartiu os seus coñecementos, que sen dúbida serán de gran utilidade para todas as persoas asistentes”.

Esta actividade, que reforza o compromiso de Ambar ca autonomía e o apoderamento das persoas con diversidade, foi posíbel grazas ao apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, e aos Fondos Europeos da Unión Europea.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.